Tamén coñecida como A Figueira, esta non é a cima máis elevada do Barbanza, pero este ‘ceo’ de Boiro amosa unhas vistas espectaculares da Ría da Arousa e as súas miles de bateas, seguramente lugar de vixilancia do territorio en tempos antigos.
Preto deste punto poderemos gozar tamén da ruta das Mámoas, formada por unha trintena de monumentos funerarios milenarios.